Obreiro da lingua, amigo da xente: estudos de xeografía lingüística en homenaxe a Manuel González
Coordinador/a
Álvarez Pérez, Xosé Afonso
Brea, Mercedes
Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García
(1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade
de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de
adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos
de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes
en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a
vez agora do profesor Manuel González González. Os estudos ofrecidos
a Manolo proveñen da familia do Atlas Linguistique Roman (ALiR), á
que pertence desde antes do seu nacemento oficial, pois participou no
deseño da proposta fundacional, hai máis de 20 anos. Desde aquela,
coordinou a elaboración das sínteses galegas de ducias de conceptos,
redactou diversas sínteses románicas, organizou tres congresos do
ALiR (o último, en 2017, con varios dos participantes traballando xa
co máximo segredo neste volume) e, como membro do comité de
redacción, supervisou todo o proceso científico e editorial. Esta
homenaxe de amizade, recoñecemento e admiración a unha traxectoria
académica, docente e investigadora exemplar, recolle quince
contribucións de xeolingüística románica, escritas en seis linguas
desa familia (castelán, catalán, francés, galego, italiano e
portugués) e que, sen esquecer alusións máis esporádicas a outros
dialectos, se deteñen con vagar nalgunha variedade máis (picardo,
piemontés, romanés, sardo ou véneto), resultando nun mosaico
romance ideal para ofrecer a un catedrático de Lingüística
Románcia e, sobre todo, a un amigo.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
285
Serie
Homenaxes
ISBN
9788416954810
Dispoñibilidade
Si
Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García
(1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade
de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de
adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos
de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes
en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a
vez agora do profesor Manuel González González. Os estudos ofrecidos
a Manolo proveñen da familia do Atlas Linguistique Roman (ALiR), á
que pertence desde antes do seu nacemento oficial, pois participou no
deseño da proposta fundacional, hai máis de 20 anos. Desde aquela,
coordinou a elaboración das sínteses galegas de duci...