Este libro titulado Manuel María. Día das Letras Galegas 2016, como
corresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago de
Compostela dedica cada ano á figura designada pola Real Academia
Galega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade
e a maior difusión á obra creativa de Manuel María (Outeiro de Rei,
Lugo, 1929-A Coruña, 2004), a través da edición facsimilar de dous
cadernos e nove debuxos que mostran o traballo artesán dos seus
versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos. Con
este obxectivo escolleuse, entre o material gardado no arquivo da
Fundación Manuel María, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de
Rei, tres conxuntos creativos que, citando segundo a orde da súa
en...