Non somos fillas de Rosalía. Non somos unha elite nin pretendemos
pasar á historia. Vivimos como cidadás de a pé nunha Galicia que
loita por incorporarse con dignidade aos tempos modernos. Vémonos
rodeadas por xente que o fai mellor ca nós (escritores, deseñadores,
músicos, empresarios, pintores…) e iso estimúlanos. Secasí, hai
unha humilde maneira de sentirse importante, a de quen abre camiño
sen deixar constancia da súa pegada, e esa é a nosa. (María
Victoria Moreno: Nosoutras)...