Limba noastra-i o comoara...: Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei
Coordinador/a
Alén Garabato, Carmen
Brea, Mercedes
Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García
(1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade
de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de
adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos
de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes
en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a
vez agora do profesor Francisco Fernández Rei. Este volume ofrecido a
Paco ábrese coas achegas de tres dos seus amigos e colegas, que
proporcionan un relato persoal e entrañable do percorrido dun
investigador e profesor ("un cambadés fidalgo e soñador", en
palabras de Antón Santamarina) consagrado á dignificación da lingua
galega e de Galicia.Tras esta introdución, o libro divídese en tres
partes: na primeira atópanse cuestións de sociolingüística xeral e
aplicada; na segunda, contribucións moi variadas tanto no que
concirne ás ámbitos románicos (seis linguas románicas minorizadas)
como ós enfoques e ás temáticas tratadas; na terceira, situacións
sociolingüísticas complexas nas que a nación de fronteira
(lingüística e/ou política) é determinante.O conxunto serve para
poñer de relevo unha das liñas de investigación cultivadas por un
catedrático de Filoloxía Románica que, sen descoidar as persoas,
estuda as linguas. Pois para Paco, como di o vello poema hoxe
convertido en himno, Limba noastra-i o comora: a nosa lingua é un
tesouro.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
336
Serie
Homenaxes
ISBN
9788416954995
Dispoñibilidade
Si

...