O Día das Letras Galegas de 2019 apela á memoria dun intelectual,
investigador e docente vocacional e xeneroso que, malia puntuais
incursións nos estudos literarios e mesmo na creación, consagrou a
súa vida a disciplinas das ciencias sociais e humanas como a
historia, a xeografía, a arqueoloxía e, de maneira destacada, a
especialidades situadas no eido da antropoloxía sociocultural, como a
etnografía e o folclore. Nos traballos que inclúe este volume, a
tradición etnográfica, a oralidade e a literatura popular —campos
vizosos da cultura galega— fúndense coa experiencia vital para
ofrecer unha visión completa e novidosa de Antonio Fraguas e a súa
inxente herdanza....