Estudios de literatura medieval italiana: homenaje 'In Memoriam' Ana Mª Domínguez Ferro
Coordinador/a
González, Isabel
Ana Mª Domínguez Ferro foi profesora titular de Filoloxía Italiana
na Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1997. Licenciada
en 1986 en Filoloxía Hispánica, doctorouse en Filoloxía Italiana en
1992 cunha tese acerca das manifestacións amorosas dos poetas da
Scuola Poetica Siciliana. Sobre este argumento desenvolveu boa parte
das súas investigacións posteriores, que constitúen no seu conxunto
un referente esencial para o estudo dos poetas da corte de Federico
II. Relevantes son tamén as súas pescudas sobre a literatura de
viaxes, os estudos de xénero e o Humanismo e Renacemento.
Traballadora incansable, sobresae así mesmo o seu maxisterio
académico durante tres décadas nas aulas da Facultade de Filoloxía
da USC. Ana faleceu en Compostela no mes de xaneiro de 2017, deixando
os seus alumnos, colegas e amigos en profundo desacougo e desamparo.
Este volume de homenaxe in memoriam, que recompila parte do seu
traballo investigador no campo da literatura medieval italiana,
conságrase, desde o más profundo afecto, a dar testemuño da
gratitude y o recoñecemento colectivo a un legado humano e académico
impagable.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
297
Serie
Homenaxes
ISBN
9788416954759
Dispoñibilidade
Si

da USC....