Estas páxinas conságranse á relación entre a escritura e a
sociedade, tomando como grupo de referencia a nobreza. Vinte e oito
traballos de investigación, desenvolvidos no ámbito das ciencias e
técnicas historiográficas, introducen o lector en chancelarías
señoriais, bibliotecas e arquivos, museos e capelas —visitados nun
amplo período (séculos XII-XXI)— e evidencian mentalidades,
actitudes e aptitudes dos autores, as razóns, procesos e
consecuencias do escribir, a forma e o fondo dos escritos e canto
incumbe ás súas vicisitudes, uso, circulación e custodia.Escritura
y sociedad: la nobleza é, ademais, pasado, presente e futuro.
Contribucións de especialistas con longa traxectoria científica
únense ás asinadas por mo...