No outono de 2014, promoveuse dende a dirección da Cátedra Juana de
Vega unha sesión de reflexión compartida baixo o rótulo O malestar
da democracia. Tres politólogos foron convidados, como relatores
deste segundo Faladoiro da Cátedra, a achegaren as súas análises e
percepcións sobre o sistema democrático e as súas eivas e
disfuncións. O volume incorpora os relatorios de Ignacio
Sánchez-Cuenca e Xaime Subiela acerca das manifestacións
específicas do malestar e a impotencia democrática no Estado
español e Galicia, e queda pendente para unha futura publicación a
achega de José Fernández-Albertos sobre a súa expresión na Unión
Europea. Inclúe tamén os debates desenvolvidos ao redor dos seus
relatorios e unhas conclusi...