• En venta!

O malestar da democracia

Coordinador/a
G. Beramendi, Justo
No outono de 2014, promoveuse dende a dirección da Cátedra Juana de Vega unha sesión de reflexión compartida baixo o rótulo O malestar da democracia. Tres politólogos foron convidados, como relatores deste segundo Faladoiro da Cátedra, a achegaren as súas análises e percepcións sobre o sistema democrático e as súas eivas e disfuncións. O volume incorpora os relatorios de Ignacio Sánchez-Cuenca e Xaime Subiela acerca das manifestacións específicas do malestar e a impotencia democrática no Estado español e Galicia, e queda pendente para unha futura publicación a achega de José Fernández-Albertos sobre a súa expresión na Unión Europea. Inclúe tamén os debates desenvolvidos ao redor dos seus relatorios e unhas conclusións miúdas tecidas ao redor da convicción de que a democracia representativa é o sistema que mellor permite a libre expresión da esperanza e a construción dunha igualdade solidaria.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2019
Tamaño de arquivo
8.3 MB
Serie
Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Faladoiros
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/vf.2019.1170
Dispoñibilidade
Si