Esta unidade didáctica enfócase de maneira que permita proporcionar
unha visión global da Química Analítica e a súa terminoloxía
básica, mostrando a importancia da Química Analítica para a
resolución de problemas de diversos ámbitos. Este enfoque faise
sobre o esquema do proceso analítico como medio de resolución dunha
determinada problemática analítica real. Deste xeito, partindo dun
esquema sinxelo, explícase o obxectivo e as distintas etapas do
proceso analítico: definición do problema a resolver, selección do
método máis adecuado e as operacións derivadas desta selección,
toma e tratamento da mostra, medida do (ou dos) analito(s), tratamento
e interpretación dos resultados experimentais obtidos, e finalízase
a ...