• En venta!

Mundos en tránsito: novas miradas sobre o fenómeno cultural migrante

Coordinador/a
Justo Barreira, Susana
Pereira Domínguez, Laura
Paz López, Lorena
O 6 e 7 de maio de 2014 preséntase o proxecto MIGRA no marco das xornadas celebradas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, nas que participaron membros do propio equipo, investigadores de diferentes puntos de España, escritores e activistas. Este volume recolle algúns dos traballos discutidos nas devanditas xornadas, escolla na que se pretende visibilizar o complexo fenómeno cultural da migración, o cal, como é ben sabido, foi un dos trazos distintivos do século xx. A proposta de MIGRA é o rexeitamento dos relatos historicistas, que tradicionalmente non tiveron a capacidade de abranguer a migración, a favor dun arquivo no que os distintos elementos da creación literaria migrante (autoría, títulos, idiomas…) interactuaran entre si. As bases de datos proporcionan un modelo de clasificación máis flexible que a linearidade tradicional, pero ao mesmo tempo implican unha identificación e agrupamento dos obxectos cara a unha idea de orde. Con estes problemas no horizonte, Isabel Domínguez Seoane reflexiona sobre os límites da academia e da teoría occidental á hora de escapar dos discursos hexemónicos, no sentido gramsciano. Como mostra da diversidade de voces e perspectivas sobre a migración presente nas xornadas, Mitzi E. Martínez Guerrero e Antonio Daniel García Orellana ofrecen neste volume senllas reflexións críticas sobre as súas experiencias persoais. Os últimos capítulos do volume están centrados nas análises de obras da literatura e do cinema que interpretan diferentes aspectos dos mundos en tránsito. Comeza o percorrido por Galicia, unha rexión cunha historia moderna marcada permanentemente polos movementos migratorios. Verónica Casais, Mar Fernández e Alba Rozas traballan cun corpus amplo de literatura infantil e xuvenil e propoñen categorías desde as que clasificar e analizar estas literaturas. A análise de Pablo Marín Escudero, no seguinte capítulo, parte da sociocrítica de Edmond Cros para desestabilizar os mitos referentes á migración sobre os que se sustenta a identidade española. Os dous traballos cos que se cerra o volume están situados en América. Belén Vázquez Fernández ofrece un panorama completo da relación entre western cinematográfico e identidade, desde unha perspectiva posmoderna. Por último, nas narrativas breves brasileiras recentes, Vivian Rangel observa a representación de novos lugares influídos polo movemento global e as dinámicas de comunicación contemporáneas, lugares nos que se insire un suxeito cosmopolita.
Transacción
Formato
€6,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2017
Tamaño de arquivo
5.3 MB
Serie
Migra Papers
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954407
ISBN
9788416954407
Dispoñibilidade
Si