- Só online
- En venta!
Este volume temático recolle parte dos traballos presentados durante o XXIX Congreso Internacional da Asociación para o Ensino de Español como Lingua Estranxeira (ASELE), celebrado en Santiago de Compostela do 5 ao 8 de setembro do 2018. O evento convocou participantes de máis de corenta países, un rico mosaico que reflexa o nivel de universalidade da segunda lingua do planeta. O tema central do congreso distribuíuse en tres bloques de traballo: Os perfís lingüísticos no ensino e a aprendizaxe do español como LE/L2; Os factores individuais na aprendizaxe do español como LE/L2, e Os contextos no ensino do español como LE/L2.