• Só online

Aportes del CAES a la enseñanza del español como lengua extranjera: estudios aplicados de gramática y pragmática

Coordinador/a
Ballestero de Celis, Carmen
Sampedro Mella, María
Este volume ofrece unha recompilación de traballos nos que se conxuga a análise de diferentes fenómenos rexistrados na interlingua de español como lingua estranxeira (ELE), a partir dos datos do Corpus de Aprendices de Español, coa formulación de senllas propostas para a súa aplicación didáctica. As investigacións do volume están agrupadas en tres bloques: os dous primeiros están centrados en cuestións gramaticais, principalmente de carácter sintáctico, tomando como punto de partida unha unidade ou unha estrutura lingüística, mentres que os traballos que constitúen o terceiro bloque examinan, desde unha perspectiva pragmática, distintas clases de enunciados. Se ben o obxecto de estudo é diferente en cada capítulo, todos eles ofrecen unha estrutura similar e están baseados na lingüística de corpus aplicada ao ensino de ELE; comparten tamén os obxectivos de proporcionar unha descrición empírica da interlingua e de realizar unha reflexión didáctica sobre os fenómenos lingüísticos analizados. Esta publicación pode, polo tanto, resultar de interese para diversos perfís profesionais, como profesores e investigadores de lingüística ou de didáctica do español, e creadores de materiais no campo do ensino do español como lingua estranxeira.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2021
Serie
81 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788418445453
ISBN
9788418445453
Dispoñibilidade
Si