Este volume ofrece unha recompilación de traballos nos que se conxuga a análise de diferentes fenómenos rexistrados na interlingua de español como lingua estranxeira (ELE), a partir dos datos do Corpus de Aprendices de Español, coa formulación de senllas propostas para a súa aplicación didáctica. As investigacións do volume están agrupadas en tres bloques: os dous primeiros están centrados en cuestións gramaticais, principalmente de carácter sintáctico, tomando como punto de partida unha unidade ou unha estrutura lingüística, mentres que os traballos que constitúen o terceiro bloque examinan, desde unha perspectiva pragmática, distintas clases de enunciados. Se ben o obxecto de estudo é diferente en cada capítulo, todos