Sorpresa, fascinación, incredulidade son impresións que chegan a
abraiar cando nos colle de súpeto o maxestoso empaque dun moimento
megalítico, enchendo coa súa presencia toda a paisaxe circundante.
¿Porque facer semellante obra?, pregúntase o incrédulo visitante.
¿Porque tanto traballo no labor de extracción das grandes laxes, o
seu transporte e erguemento? ¿Cal era o pensamento deses
megaliteiros? Ó mellor cicais unha fonda motivación relixiosa foi o
xerme destas construccións. Ou en todo caso un dos móbiles, pois o
Megalitismo hai que entendelo como un fenómeno ecuménico,
polimórfico e vario, no que as estructuras pétreas non son máis que
un elemento de todo un mundo cargado de simbolismos, xeralmente en
ligazón ...