Fisioloxía humana: a coagulación sanguínea

Autor/a
Arce Vázquez, Víctor Manuel
Costoya Puente, José Antonio
Cinza Sanjurjo, Sergio
A coagulación é unha das fases da hemostase, xunto coa vasoconstrición, a formación do tapón plaquetario, a fibrinólise e a reparación da lesión. O resultado do proceso de coagulación é a formación dunha malla de fibrina que recobre o tampón plaquetario e engloba, ademais, glóbulos vermellos e leucocitos. Esta estrutura, que recibe o nome de coágulo ou trombo, permite selar a lesión vascular de forma máis estable que o tapón plaquetario, dando así tempo a que se poñan en marcha os procesos de reparación do vaso danado. A coagulación do sangue prodúcese como consecuencia da activación dunha serie de reaccións encimáticas en cadea na que participan un conxunto de proteínas que, de forma xenérica, reciben o nome de factores de coagulación.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2023
Serie
52 Esenciais
Availability
Si