DIGITAL BOOKSHOP OF THE USC
A longa marcha da xeometría: da Antigüidade a Riemann, con parada en Euclides
- Autor/a
- Masa Vázquez, Xosé María
Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta é unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas… Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeométricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no século xıx. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.
Data sheet
- Edition
- 1
- Publication place
- Santiago de Compostela
- Publication Year
- 2023
- Nº of pages
- 181
- Serie
- 6 Biblioteca de Divulgación. Serie Científica
- ISBN
- 9788419679550
- Availability
- Si