A mestura de forraxe e concentrado, produtos con distintas densidades e tamaños, fai que a ración ofertada poida non ser homoxénea e facilite a selección por parte da vaca, o que descompensa a ración. O efecto da selección increméntase cando non existe espazo dabondo no comedeiro, de forma que as que primeiro comen accederán ao concentrado, con posible risco de acidose, mentres que as que o fan nunha segunda quenda atoparán unha ración descompensada, con menor concentración enerxética.