O vixente Código Penal español articula un sistema taxado de penas. Esta sistematización incardínase na Parte Xeral do Código. Con carácter xeral, as penas pódense clasificar de moitas formas, principalmente, en virtude da súa natureza, a súa duración e gravidade. Deste xeito, atendendo ao primeiro criterio, existe unha distinción básica entre penas principais e penas accesorias. Por outra banda, atendendo á duración, podemos falar de penas graves, menos graves e leves. Outra posible clasificación centra a súa atención na natureza dos dereitos dos que o suxeito condenado se ve privado. Así, distínguese, de xeito moi xenérico, penas privativas de liberdade e penas non privativas de liberdade (tamén coñecidas como penas