As prohibicións de residir en determinados lugares ou acudir a eles, de aproximación e de comunicación merecen, dende hai algún tempo, a atención do lexislador penal, até o punto de erixirse nas protagonistas, no marco das consecuencias derivadas do delito, de recentes reformas do Código Penal e da Lei. Consecuencia disto, hoxe en día falamos das modalidades de afastamento como a pedra angular sobre a que o lexislador tenta construír un sistema de sancións orientadas cara á protección da vítima. Baixo esta nomenclatura xenérica de “penas de afastamento” teñen acollida tres modalidades distintas: a privación do dereito a residir en determinados lugares ou acudir a eles (art. 48.1 CP); a prohibición de aproximarse á vít