Aquí iniciamos o percorrido pola historia da antiga Roma. O punto de
partida será coñecer as comunidades que ocupaban a península
Itálica no primeiro milenio. Os primeiros habitantes foron
posiblemente un conglomerado de xentes de distinta procedencia que
vivían á marxe do desenvolvemento económico e cultural dos seus
prósperos veciños. A partir de aquí veremos como as orixes da
cidade de Roma, en orixe una pequena aldea máis do centro do
Lacio, se perden na lenda.