• On sale!

Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres

Autor/a
Cajaraville Araújo, Héctor
Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora de cativar a atención dos lectores de prensa gratuíta, que se caracterizan de maneira xeral por seren persoas con escaso hábito de lectura e cun tempo moi limitado para o consumo de información. O noso obxectivo vai consistir en analizar os elementos que empregan os emisores (é dicir, os xornalistas) para a elaboración de titulares dotados deste recurso creativo, e de establecer unha clasificación segundo a motivación que se agocha detrás de cada un deles.Así mesmo, trataremos de identificar os procesos que fan que as mensaxes creativas enviadas polos autores teñan nos destinatarios (os lectores) a resposta agardada, logrando así que os xogos de palabras cumpran o seu obxectivo e prendan nos receptores o interese por seguir lendo o resto da información. Que mecanismos se poñen en marcha neste fenómeno comunicativo? Que importancia ten o coñecemento compartido entre emisores e receptores na comprensión exitosa dun titular creativo? Que relevancia teñen o contexto, o significante, os elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos? A estas e outras cuestións trataremos de ir dando resposta nas páxinas deste estudo.
Transacción
Formato
€5.00
Quantity

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2015
Nº of pages
216
Serie
Limiar
ISBN
9788416533091
Availability
Si