• On sale!

Estudar toponimia: aproximacións metodolóxicas e interpretativas

Coordinador/a
Boullón Agrelo, Ana Isabel
Neste volume recóllense unha serie de traballos dos maiores especialistas en toponimia galega, sobre a metodoloxía, a historiografía e a interpretación etimolóxica. A partir deles propóñense pautas de actuación á hora de estudar a toponimia, tales como a necesidade dunha perspectiva multidisciplinar, non só lingüística, senón tamén histórica e xeográfica, entre outras. Tamén se ofrecen achegas sobre a interrelación cos nomes de persoas, a clasificación semántica da toponimia, o estrato prelatino, a especificidade que comporta o estudo da toponimia medieval e o estatus xurídico dos nomes de lugar. Finalmente, engádese unha bibliografía escollida como guía breve de inicio para o estudo da toponimia.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2017
Serie
75 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954353
ISBN
9788416954353
Availability
Si