• On sale!

Fidelidade a terra: Estudos dedicados ó profesor Xosé Luis Barreiro Barreiro

Editor/a literario/a
Barcia González, Javier
Tres boas razóns motivan e xustifican este volume de pública e colectiva homenaxe a Xosé Luis Barreiro Barreiro. A primeira, de agradecemento pola súa longa e rica traxectoria de servizos á comunidade universitaria en calidade de director do Departamento de Filosofía a Antropoloxía Social (2000-2004) e decano da vella Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación durante tres períodos consecutivos (1986-1995). Foi Xosé Luis o primeiro decano na historia da minerva compostelá que incluíu representantes dos alumnos no seu equipo de dirección, decisión que dá fe da súa irrenunciable convicción e permanente compromiso cunha real e efectiva política democrática de xestión das institucións universitarias. A segunda razón é dar a coñecer, a través dos traballos que aquí sobre el se publican, o importante labor a prol da vida cultural e filosófica en Galicia que o profesor homenaxeado ten realizado a través da creación de asociacións, sociedades e institutos de filosofía, como tamén da creación de revistas, a implantación de seccións de pensamento en institucións públicas e privadas e a creación de coleccións especializadas en filosofía en editoriais galegas. A terceira, recoñecer publicamente o seu labor de investigación e recuperación da historia do pensamento galego, a máis importante até o de agora realizada no noso país.Xosé Luis Barreiro Barreiro non só foi profesor de moitos dos que aquí escriben senón un mestre na vida e na filosofía, que ten proporcionado, ao longo da súa dilatada traxectoria universitaria, mostras dunha bonhomía infrecuente nos tempos que corren.
Transacción
Formato
€30.00
Quantity

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2011
Nº of pages
534
Serie
Homenaxes
ISBN
9788498876734
Availability
Si