A intención desta obra é a de achegar novas lecturas e
intrepretacións do universo cidadán dende diferentes disciplinas e
perspectivas, como corresponde ó saber humanístico e ó facer
docente e investigador da Facultade de Humanidades e da Universidade
de Santiago de Compostela. E sempre combinando as visións locais e
universais: Lugo en Galicia, Galicia no mundo. Como ocorre cando a
utopía e a realidade se contrastan, o resultado final non se axusta
de todo ó proxectado, pero coidamos sen falsa modestia que a
colección de estudos que aquí se presentan pode ser relevante para
aqueles interesados na historia, sociedade e cultura da cidade....