Cando lemos a Platón estamos lendo os textos onde Occidente aprendeu a pensar razoadamente en "discurso". A débeda da cultura occidental con Platón é incalculable.Creou a base dun vocabulario filosófico aínda en uso. Foi o primeiro en formular unha chea de temas transcendentes sobre os que deixou suxerencias ineludibles.Nos diálogos, xénero que Platón inaugura, preséntase a filosofía como exercicio de pensar en controversia. Un exemplo é Teeteto, que ademais é una referencia imprescindible para comprender toda a filosofía platónica.