Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria
Autor/a
Cid, Alba
Figueiras, Carla
Justo, Susana
Paone, Marco
Taboada, David
Os traballos presentados neste volume son o resultado da primeira xornada de debate ao redor das prácticas culturais e literarias emerxentes, «Trans-fronteiras: Hibridacións culturais e transformacións literarias na nova realidade global», que se celebrou o 4 de xullo de 2013 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) e da Cátedra Jean Monnet «A cultura da Integración Europea». O intercambio de opinións e reflexións que tivo lugar naquel encontro axudou a enriquecer a visión que cada un dos contribuíntes tiña sobre os novos campos de estudo que se abriron, e se están a abrir, para os estudos literarios nas últimas décadas, a consecuencia —entre outros motivos— do avance imparable da(s) globalización(s) e dos fenómenos de hibridación cultural que tal(es) proceso(s) orixina(n).