Neuroanatomía

Autor/a
Quijano Ocampo, Aloia
Garrido Gil, Pablo
Lage Pita, Lucía
A unidade didáctica Neuroanatomía está incluída na materia anatomía humana (6 ECTS), que se imparte no primeiro curso do grao en Enfermería na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade cursarase ao final da materia, unha vez que os alumnos xa teñen unha visión xeral e introdutoria da anatomía do resto do organismo humano. Esta unidade didáctica centrarase no estudo da morfoloxía externa e estrutura interna da medula espiñal e dos diferentes compoñentes do encéfalo. Organízase en 6 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 4 sesións presenciais, unha sesión de seminario de dúas horas, e unha sesión práctica de dúas horas de duración.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2024
Serie
187 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155092
Availability
Si