DIGITAL BOOKSHOP OF THE USC
Distrofias ou alteracións do metabolismo
- Autor/a
- Vázquez Rodríguez, Sonia
Nesta unidade didáctica o alumnado aprenderá a identificar, describir e diagnosticar as alteracións morfolóxicas, macroscópicas e microscópicas das enfermidades producidas polos trastornos do metabolismo máis frecuentes en veterinaria. Coñecerá as características xerais das distintas distrofias, relacionándoas cos signos clínicos observados no animal vivo, coas causas que as producen (etioloxía), explicando os mecanismos polos que se orixinan (patoxenia) e como evolucionan (prognóstico). Continuarán coa aprendizaxe na descrición das lesións cunha linguaxe técnica e cunha terminoloxía anatomopatolóxica apropiada, precisa e adecuada, co fin de poder establecer o diagnóstico morfopatolóxico.
Data sheet
- Edition
- 1
- Publication place
- Santiago de Compostela
- Publication Year
- 2024
- Serie
- 235 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155757
- Availability
- Si