Esta unidade pertence á materia Economía Política II – Facenda Pública, correspondente ao primeiro curso do Grao en Dereito. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten carácter obrigatorio no Plan de Estudos e sitúase temporalmente no segundo semestre do curso. Así pois, está destinada ao alumnado do Grao de Dereito do Campus de Santiago de Compostela. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS.