Filosofía xaponesa

Autor/a
Iglesias Varela, Alba
A presente unidade didáctica introduce o alumnado ao concepto de filosofía que se manexa no pensamento xaponés e tamén á estrutura básica do mesmo, tendo como elemento fundamental o Shintō (manifestación relixiosa orixinaria do Xapón). Debido á singular característica da cultura xaponesa, e do sincretismo relixioso imperante, dedícase unha sección a explicar as influencias externas que aínda a día de hoxe perviven no pensamento xaponés, i.e. confucianismo, taoísmo e budismo. Tendo estes contidos claros, o seguinte punto céntrase na figura do filósofo Amane Nishi, principal precursor da introdución da filosofía occidental en Xapón. A continuación, a unidade didáctica centra a súa atención en sinalar algúns e algunhas dos/as intelectuais máis salientables do pensamento xaponés e, por último, introducirase o alumnado na situación actual dos estudos xaponeses, principais centros de estudos en España, publicacións, etc.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2023
Serie
243 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679048
ISBN
9788419679048
Availability
Si