Nesta unidade didáctica, achegarémonos ao rural desde a perspectiva baixo a que tradicionalmente se considerou na xeografía académica: coma un espazo produtivo, no que a agricultura toma un rol central. Esta consideración é produto da gran capacidade que mantén a agricultura para modelar este tipo de espazos, pola súa interacción directa co ambiente e as paisaxes (tema que voltará a aparecer na unidade V), pola súa influencia sobre outras actividades económicas e, en fin, polo seu vínculo directo co concepto de sustentabilidade. Asemade, a agricultura posúe unha importancia capital como base da alimentación e nutrición humana, a cal aínda supón un desafío global. Para entender as configuracións produtivas dos espazos rur