DIGITAL BOOKSHOP OF THE USC
Docencia en liña
- Autor/a
- García González, Iolanda
- Arenas Conejo, Míriam
A guía para unha docencia en liña con perspectiva de xénero xorde da preocupación de que, nunha máis ca posible transición cara a modelos de docencia universitaria máis dixitais, esta supoña unha barreira aos grandes esforzos que se levaron a cabo para incorporar a perspectiva de xénero en docencia na educación superior durante os últimos anos. Malia que, dunha banda, é manifesto o nesgo de xénero dixital e tecnolóxico que existe, a educación a distancia tamén contén unha gran potencialidade inclusiva e emancipadora para as mulleres e outros colectivos socialmente discriminados. Esta guía fornece de propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para incorporar a perspectiva de xénero nun momento de cambios profundos.
Data sheet
- Edition
- 1
- Publication place
- Santiago de Compostela
- Publication Year
- 2024
- Serie
- Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero
- Availability
- Si