Aprendizaxe-Servizo e educación para o desenvolvemento
Director/a
Sotelino Losada, Alexandre
Autor/a
Mella Núñez, Ígor
Varela Portela, Cristina
Monteiro Furtado, Aleida Patrícia
Mendes Carvalho, Ido
Gento Temprano, María
Avendaño Carballo, Nicolás
Esta guía de Aprendizaxe-Servizo e educación para o desenvolvemento propón a integración de metodoloxías pedagóxicas activas orientadas á formación dunha cidadanía global comprometida e ao fomento dun desenvolvemento sustentable. Artéllase a conexión entre a educación para o desenvolvemento (EpD) e a Aprendizaxe-Servizo (ApS), unha estratexia educativa que combina o traballo académico-curricular coa intervención directa en proxectos comunitarios, facilitando unha aprendizaxe experiencial. A EpD preséntase como un enfoque esencial na formación integral do estudantado, promovendo valores de equidade, sustentabilidade ambiental e participación cidadá activa, en consonancia coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Este marco fomenta a reflexión crítica sobre as desigualdades globais e locais, así como sobre os desafíos ambientais, dotando ao estudantado de competencias para actuar como axentes de transformación social. O documento detalla a implementación da metodoloxía ApS en contextos universitarios, destacando a súa aplicación na Universidade de Cabo Verde. Descríbese así un proxecto de investigación colaborativo con Farmamundi e outros actores, que inclúe a capacitación do profesorado, o deseño de directrices para proxectos que respondan a necesidades locais, e a promoción de alianzas entre a universidade e a comunidade. Estas accións buscan potenciar o compromiso cívico do estudantado e fortalecer a súa responsabilidade social (PR815A 2023/5). Ademais, abórdase a aplicación do ApS en diferentes ámbitos, como a educación inclusiva, a sustentabilidade medioambiental e a prevención do acoso escolar. A metodoloxía destácase pola súa capacidade para integrar teoría e práctica, enriquecendo a formación profesional e ética do estudantado mediante experiencias significativas. Saliéntase o papel das universidades como actores clave na promoción dun desenvolvemento equitativo, actuando como catalizadoras de cambio social a través da cooperación e da innovación educativa. En síntese, o texto enfatiza a relevancia da ApS como ferramenta pedagóxica transformadora que transcende o ámbito académico e prepara as e os estudantes para unha participación activa e comprometida co benestar social e medioambiental.