O concepto de 'poboación' é de grande importancia dentro da ecoloxía, polo cal a presente unidade didáctica céntrase no estudo de dous conceptos básicos, 'a poboación como unidade de estudo' e 'a dinámica de poboacións'. Estes coñecementos axudan a entender de que maneira as poboacións crecen e cambian ao longo do tempo así como os métodos empregados para medir ese crecemento. Deste xeito pódense entender mellor as súas dinámicas temporais e espaciais. Doutra banda estúdanse as interaccións entre organismos e tamén co seu contorno para analizar as consecuencias que poden ter nas poboacións.