Na actualidade, nin a produción artística das mulleres nin a historia da arte feminista forman parte da maioría dos currículos académicos e plans de estudos de historia da arte, se non é desde unha posición marxinal. Así mesmo, a falta dunha análise crítica da representación das mulleres ao longo da historia das imaxes conduce á repetición de estereotipos.
Esta guía ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en historia da arte.