Nas ciencias da saúde, a pesar de que os conceptos de sexo e xénero aluden a realidades diferentes, con frecuencia son confundidos e intercambiados na literatura científica. Ademais, algunhas consecuencias dos nesgos de xénero no coñecemento médico, na xestión clínica e nos servizos de saúde responden a suposicións incorrectas.
Esta guía ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en medicina.