• On sale!

Semiótica. Textos selectos

Autor/a
Peirce, Charles Sanders
Prologuista
Rivas Monroy, María Uxía
Traductor/a
Outeiriño, Manuel
Semiótica. Textos selectos é unha mostra representativa das reflexións semióticas de Peirce no contexto da súa produción intelectual, o que permite observar como evoluíron ao longo da súa vida as principais ideas que sobre os signos, a semiótica, a lóxica, a filosofía ou o pragmatismo formulou o autor. Estas páxinas salientan, por unha banda, a constancia e continuidade dos temas e eixes principais que constitúen a armazón do seu pensamento, manifestado nas múltiples propostas de definición e análise dos elementos fundamentais da súa filosofía (a doutrina das categorías, a importancia do signo, a análise triádica da semiose, o pragmatismo, etc.), e, por outra, os cambios, terminolóxicos e de perspectiva, que algúns destes mesmos temas foron adquirindo co transcorrer do tempo. Na escolma tamén ocupa un lugar moi destacado a correspondencia con Victoria Lady Welby por constituír a presentación máis sintética do pensamento semiótico de Peirce, onde el mesmo revela o que considera as súas principais achegas semióticas, en particular, e filosóficas, en xeral. O conxunto desta escolma evidencia, finalmente, como a reflexión semiótica e filosófica de Peirce está orientada de xeito primordial a comprendérmonos como seres simbólicos, pois, sen esta reflexión, as outras dimensións que nos caracterizan como humanos (a ética, a estética, a creativa, a científica, a discursiva...) non poden ser nin sequera entendidas.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2019
File Size
21.3 MB
Serie
Clásicos do pensamento universal
ISBN
9788416183142
Availability
Si