Paisaxe sonora e espazo sonoro: construción e funcións expresivas
Autor/a
Redondo Neira, Fernando
A unidade didáctica IV aborda, ao logo de catro sesións expositivas
e outras tantas interactivas, o estudo do son no audiovisual desde o
punto de vista da súa localización, e de como de dita localización
se derivan distintos efectos expresivos ou dramáticos. Situamos o
estudo destas cuestións unha vez que abordamos xa os fundamentos
xerais da expresión audiovisual, principalmente no que atinxe ao
traballo coa imaxe, despois de analizar a interacción entre imaxe e
son, a partir do concepto de audiovisión e, finalmente, tras analizar
os distintos aspectos que configuran como tal o fenómeno acústico.
Expresión Sonora e Visual é unha materia de 2º curso de
Comunicación Audiovisual que se sitúa nunha liña de coñecemento na
que conflúen a teoría que busca explicar o fenómeno audiovisual, a
análise que axuda a comprendelo e a historia que lle foi dando forma.
Esta materia mantén relación, entón, con Linguaxe Audiovisual,
obrigatoria de 1º curso, no entanto que, tal como figura no seu
descritor, proponse o estudo e análise das linguaxes radiofónicas e
televisivas e das formas de expresión de ambos medios. Así mesmo,
cómpre póla en relación con Historia dos Medios Audiovisuais,
dedicada ao percorrido evolutivo experimentado polos medios de
comunicación audiovisuais, e con Escritura Audiovisual, que aborda os
fundamentos sobre os que asentan os labores de guionización. No mesmo
curso atópase Modalidades da Ficción e do Documental, coa que
Expresión Sonora e Visual se complementa, dado que, aínda dun xeito
tanxencial, tamén se ocupa dos discursos sobre o real en oposición
ás producións discursivas da ficción. En relación coa súa
proxección cara aos cursos seguintes, esta materia proponse
consolidar os coñecementos básicos que favorezan un maior
aproveitamento de materias como Cultura Audiovisual Contemporánea,
optativa de 3º curso, e Teoría e Análise da Televisión, tamén
optativa do mesmo curso. Tendo en conta que ámbalas dúas presentan
unha máis nítida concreción nos seus obxectivos e propósitos –o
fenómeno do audiovisual hoxe e a decisiva incidencia, histórica e
actual, da televisión en dito fenómeno– Expresión Sonora e Visual
busca asentar os coñecementos que permitan unha mellor compresión do
tratamento do son en relación coa súa interacción coa imaxe.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2015
File Size
0.804 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876274
Availability
Si

que...