A empresa non é un ente estático e, polo tanto, a súa propia
estrutura pode experimentar alteracións significativas ao longo do
tempo. Así, unha sociedade mercantil pode levar a cabo un proceso de
transformación co obxectivo de modificar a súa estrutura xurídica,
adoptando unha forma social diferente á orixinal. Este proceso de
transformación constitúe o primeiro punto de análise neste tema. A
continuación, deben considerarse outras operacións sociais
relevantes que o Plan Xeral Contable español identifica como
“combinacións de negocios”. Este é o caso, entre outros tipos,
das fusións e das escisións, que configuran os outros dous puntos
fundamentais de estudo do tema. En concreto, a fusión permite que
dúas ou máis sociedades agrupen a totalidade ou unha parte do seu
patrimonio. Pola súa banda, a escisión supón a estratexia
contraria, isto é, a redución da dimensión da empresa a través da
separación de todo ou parte do seu patrimonio que xeran per se novas
sociedades. Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido
da contabilidade de sociedades. Polo tanto, este tipo de contabilidade
aplica as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro
das operacións que realizan as sociedades mercantís, tendo en conta
o marco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para
ser desenvolvida en 6 horas distribuídas en 2 horas de sesión
expositiva e 4 horas de sesión interactiva.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2015
File Size
0.611 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876427
Availability
Si
A empresa non é un ente estático e, polo tanto, a súa propia
estrutura pode experimentar alteracións significativas ao longo do
tempo. Así, unha sociedade mercantil pode levar a cabo un proceso de
transformación co obxectivo de modificar a súa estrutura xurídica,
adoptando unha forma social diferente á orixinal. Este proceso de
transformación constitúe o primeiro punto de análise neste tema. A
continuación, deben considerarse outras operacións sociais
relevantes que o Plan Xeral Contable español identifica como
“combinacións de negocios”. Este é o caso, entre outros tipos,
das fusións e das escisións, que configuran os outros dous puntos
fundamentais de estudo do tema. En concreto, a fusión permite que
dúas ou máis...