A exclusión e as desigualdades aumentan cando os recursos escasean. A distribución da riqueza material e inmaterial corren o risco de sufrir novos desequilibrios nun retroceso inxusto do que se tiña acadado na orde mundial soñada polos pobos. A vulnerabilidade social está intimamente relacionada co concepto de desamparo, carencia, desatención e, por ende, pobreza. Neste contexto de incertidume social, tivo lugar a celebración do XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, en Ourense os días 26, 27 e 28 de setembro de 2013, baixo o lema «A formación, a orientación e o emprego, determinantes na vulnerabilidade social. Cidadanía, poboación activa e sociedade inclusiva: impacto da crise n