A presente Unidade Didáctica, denominada «Goberno e
administración», forma parte da materia «Cultura e Poder na Idade
Moderna» que se imparte como optativa no segundo semestre do Grao en
Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Como o seu propio
título indica, a materia subdivídese en dous grandes bloques: o
mundo cultural e o poder. No primeiro deles, o obxecto de análise é
a dobre natureza do mundo cultural en canto ós seus protagonistas:
cultura popular e cultura elitista. Posteriormente a materia propón
unha análise dos medios polos cales se difunden e se expresan eses
contidos culturais. Por último, os comportamentos relixiosos serán
estudados en particular como un dos fenómenos máis representativos
do panorama cultural. No segundo dos bloques, o poder e o goberno
serán os protagonistas temáticos, reflexionando sobre o exercicio da
administración, a socioloxía dos seus profesionais e, finalmente, as
claves para entender as relacións internacionais na época moderna.

do panor...