• On sale!

Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais

Coordinador/a
Mariño Paz, Ramón
Varela Barreiro, Xavier
Neste libro reúnense traballos que versan sobre lingüística histórica e edición de textos galegos medievais. As exposicións sobre lingüística histórica románica, iberorrománica e galega con que se inicia van deseñando páxina a páxina un marco conceptual, un contexto, que arroupa co seu imprescindible amparo as contribucións sobre edición de textos galegos medievais reservadas para a segunda parte. Desta maneira, móstrase a interdependencia entre a lingüística histórica e a edición de textos, pois, se é certo que a edición é tarefa imposible se se descoñece o que os estudos de gramática histórica ensinan sobre o contexto de variación lingüística en que o texto abordado se produciu, tamén o é que a edición de novos textos e a revisión de edicións de textos xa realizadas é unha pródiga fonte de coñecemento para a lingüística histórica.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2016
Serie
73 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533657
ISBN
9788416533657
Availability
Si