Os idiomas do estado español: un enfoque sociolingüístico
Autor/a
Sánchez Vidal, Pablo
Este volume está integrado por dous grandes bloques temáticos. No seu primeiro núcleo esta monografía ofrece unha minuciosa revisión dos criterios lingüísticos e sociolingüísticos empregados pola chamada Escola Filolóxica Española para asignar os idiomas do estado español a un destes dous pares taxonómicos: lingua e dialecto. O segundo bloque temático está orientado desde as directrices teóricas da sociolingüística crítica, co obxecto de reflexionar sobre como opera a ideoloxía do monolingüismo no tradicional labor de categorización das variedades lingüísticas do estado español.