Cada palabra pesaba, cada palabra medía: Homenaxe a Antón Santamarina
Editor/a literario/a
Brea, Mercedes
Fernández Rei, Francisco
Regueira, Xosé Luís
A traxectoria biográfica e profesional de Antón Santamarina é
testemuño dunha vida dedicada ó coñecemento e ó traballo, ó
compromiso coa súa xente e o seu pobo. Pouco amigo das exhibicións
públicas, o traballo calado e eficaz do profesor Santamarina está
detrás de moitos dos mellores logros da lingüística galega dos
últimos corenta anos, como figura central do Instituto da Lingua
Galega e como columna vertebral da planificación do corpus (e non
só) do galego nestas últimas décadas. Vén sendo desde hai moito
unha figura de referencia para calquera que queira achegarse ó estudo
da lingua e cultura galegas, desde a gramática ou a dialectoloxía,
pero moi especialmente no léxico e a onomástica, a literatura oral
ou a historia cultural, como testemuñan os seus abundantes traballos
e publicacións. A súa formación de romanista, a súa insaciable
curiosidade e a súa avidez lectora, unidos á súa portentosa
memoria, fan del unha figura de lingüísta sabio, de cultura extensae
fonda, como poucas veces é dado atopar.Agora, con motivo do 65
aniversario do mestre, os compañeiros da Facultade de Filoloxía
compostelá ofrécenlle este feixe de estudos en proba de respecto,
admiración e afecto polo seu saber, a súa entrega e a súa
xenerosidade.Os estudos reunidos neste volume responden en gran medida
ás áreas de interese científico do homenaxeado. Agrupados en partes
temáticas, en cada unha delas a maioría dos estudos están referidos
á lingua galega, aínda que tamén hai contribucións que tratan
problemas doutras linguas e variedades románicas, así como
cuestións xerais da investigación lingüístisca e das diferentes
disciplinas aquí recollidas.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2008
Nº of pages
569
Serie
Homenaxes
ISBN
9788497509107
Availability
Si

ou a hi...