Follas verdes é un poemario representativo da prehistoria do
excelente poeta que chegaría a ser Díaz Castro, unha etapa na que
alguén que acaba de ingresar na mocidade se manifesta cun vigoroso e
torrencial pulo creador, en contrapunto coa delonga que evidencia un
xa maduro Díaz Castro para entregarse ó labor poético. Obra, xa que
logo, dun rapaz extraordinariamente sensible, cheo de entusiasmo e
ardentía.Na escolma de versos galegos «Galiza/Galice», incluída na
antoloxía Terre d'Espagne. Tierra de España (Bruxelas, 1968),
editada pola hispanista belga Françoise Pechère, a participación de
Díaz Castro resultou decisiva....