• On sale!

A carie dental

Autor/a
Seoane Prado, Rafael
Muñoz Crego, Angeles
Santos Rodríguez, Ysabel
A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. Está por tanto dirixida aos alumnos que xa cursaron materias biolóxicas básicas de interese como a anatomía, bioquímica, citoloxía e histoloxía, que facilitan a aprendizaxe dos conceptos de relevancia da materia resumidos no programa desta. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos e a forma en que estes se relacionan co ser humano− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia as enfermidades derivadas da placa bacteriana como son a carie dental e a periodontite.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
File Size
1.197 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788498875096
Availability
Si