• On sale!

Algúns conceptos básicos de radiometría e fotometría

Autor/a
Flores Seijas, José Ramón
Os optoelectrónicos son dispositivos de base electrónica que emiten, modulan ou detectan radiación óptica, i.e. radiación electromagnética ultravioleta, visíbel ou infravermella. A maior parte deste tipo de dispositivos están baseados en semicondutores inorgánicos, se ben é posíbel que nun futuro os semicondutores orgánicos pasen a desempeñar un papel máis importante. Nesta unidade introdúcense unha serie de conceptos relacionados coa radiación electromagnética, imprescindíbeis para o estudo dos dispositivos optoelectrónicos, e que ou ben non foron estudados noutras materias da carreira de física, ou ben o foron desde unha perspectiva moi afastada da necesaria para o estudo destes dispositivos. Os obxectivos que se pretenden cubrir nesta unidade didáctica son: fornecer os conceptos básicos da medida da radiación desde 3 perspectivas diferentes: ondulatoria, visual e cuántica, procurando pór en relación as ditas perspectivas; presentar e clasificar o espectro óptico; ver os modelos matemáticos máis sinxelos para a descrición xeométrica dos feixes emitidos por fontes optoelectrónicas; e presentar algúns conceptos necesarios para o estudo do ruído nas medidas de sinais luminosos.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2015
File Size
1.186 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876601
Availability
Si