A Investigación Predoutoral na USC: Novos camiños: I Encontro da Mocidade Investigadora. Decembro de 2012. Libro de resumos
Autor/a
da USC, Escola de Doutoramento Internacional
O “I Encontro da Mocidade Investigadora” tivo lugar do 13 ao 15 de
decembro de 2012 na Aula Magna da Facultade de Bioloxía. O Encontro
serviu para facer visible a investigación que están a facer os
doutorandos da USC e para promover a discusión de cuestións de
interese, xa que a través de distintas actividades (conferencias e
táboas redondas) o persoal investigador en formación puido debater
cos investigadores invitados acerca dos problemas que se atopan
actualmente no desenvolvemento da carreira investigadora. O Encontro
tamén contribuíu a dar a coñecer os obxectivos e actividades da
Escola de Doutoramento Internacional (EDI), creada en outubro do
2012.A organización e desenvolvemento deste evento foi posible grazas
á colaboración da Facultade de Bioloxía e da Fundación Barrié e
á financiación da Universidade de Santiago, a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
(Programa de Impulso das Escolas de Doutoramento do EEES) e o
Ministerio de Educación (proxecto Campus de Excelencia
Internacional-Campus Vida). Inscribíronse e presentaron resumo de
traballos da súa tese un total de 178 doutorandos, dos que 36 foron
seleccionados para comunicación oral e o resto presentou a
comunicación en formato póster.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
2014
File Size
3 MB
Serie
Cursos e Congresos
ISBN
9788415876847
Availability
Si

á cola...