• On sale!

Mobilidade, formación, orientación e emprego no ámbito transfronteirizo: actas do XIII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, Santiago de Compostela, 14 e 15 de xullo de 2011

Coordinador/a
Rial Sánchez, Antonio F.
Valcarce Fernández, Margarita
Barreira Cerqueiras, Eva M.ª
Rego Agraso, Laura
Mariño Fernández, Raquel
Méndez Lois, María José
Carnota Carneiro, Pilar
Zamora Rodríguez, Elisa Teresa
Como consecuencia da globalización e da construción dunha Europa común e coa eliminación das fronteiras entre os países membros para facer efectiva a libre circulación de traballadores e traballadoras, a mobilidade da poboación transfronteiriza de Galicia a Portugal e viceversa pasou de ser unha realidade ilegal e agachada a avanzar na perspectiva dunha situación legal, normalizada e visíbel. Emerxen así novas necesidades compartidas, entre as que destacan a formación e a orientación para o  traballo en ambos contextos. Entendemos, pois, que tanto unha como a outra se converten en estratexias de primeira orde para a normalización da mobilidade no emprego. Coñecer as boas prácticas e proxectos, xa realizados ou en proceso de desenvolvemento, vinculados coa mobilidade é o obxecto desta decimoterceira edición do Congreso de Formación para o Traballo, coa intencionalidade anexa de tomar conciencia das carencias existentes, aproximarnos aos resultados da investigación e poñer en valor os efectos da actividade desenvolvida polos distintos axentes implicados nos ámbitos da formación, a orientación e o emprego no contexto luso-galaico.
Transacción
Formato
€28.00
Quantity

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2012
Serie
215 Cursos e Congresos
Availability
Si